HomeOurenseO Concello concorrerá á convocatoria de axudas estatais co programa de actuacións...

O Concello concorrerá á convocatoria de axudas estatais co programa de actuacións de mobilidade MoveOurense II, cun orzamento total de 18,9 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

Inclúe a implantación dunha zona de baixas emisións, a humanización das rúas Alejandro Pedrosa e Avenida de Portugal e a mellora da accesibilidade vertical na Avenida de Marín, Avilés de Taramancos e a Cruz Alta

O Concello construirá un aparcamento disuasorio e instalará un servizo público de alugueiro de bicicletas eléctricas

O Concello de Ourense participará no procedemento de solicitude de subvencións a través da convocatoria 2022 do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana.

Con esta finalidade, a Xunta de Goberno Local aprobou, na súa sesión desta mañá ,as 5 actuacións que se inclúen no programa MoveOurense II. Son:

1) Implantación dunha Zona de Baixas Emisións (ZBE – Centro), unha acción que ten un orzamento de 3.327.500 euros, cun custo elixible de 2.750.000 € . Abranguerá o espazo delimitado polas rúas Progreso, Coruña, Pena Trevinca, Pardo Bazán e Habana. O proxecto inclúe a instalación de sinalética, cámaras de control de accesos, infraestruturas de comunicacións e estacións de medicións, entre outros elementos.

2) Humanización de rúas e avenidas para ampliación de zonas e itinerarios peonís e mellora da accesibilidade, cos proxectos de:

Acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa Alejandro Pedrosa, cun custo total de 4.012.501, 40 € e un custo elixible de 3.316.116,86 €.

Humanización da Avenida de Portugal, cun custo total de 5.974.365,34 euros e un custo elixible de 4.937.715,16 €

3) Mobilidade vertical para salvar diferenzas de nivel entre diferentes puntos da cidade:

Mellora de accesibilidade vertical entre a Avenida de Marín e a Avenida de Santiago. Custo total : 294.635,79 €, custo elixible: 243.500,66 €

Mellora de accesibilidade vertical e eliminación de barreiras arquitectónicas entre as rúas Avilés de Taramancos e Ervedelo. Custo total, 540.000 euros, custo elixible: 446.280,99 €

Mellora de accesibilidade vertical na Cruz Alta, cun custo total de 1.084.816,07 € e un custo elixible: 896.542,21 €

4) Aparcamento disuasorio de Coto do Canedo: Custo total: 2.475.418 € Custo elixible: 2.045.800 €

5) Implantación dun servizo público de alugueiro de bicicletas eléctricas en Ourense, cun custo total de 1.258.702,5 € Custo elixible: 1.040.250 €

O orzamento total destas actuacións ascende a 18.968.209,11 euros, cun custo elixible de 15.676.205,88 euros.

A Xunta de Goberno acorda solicitar, para estas actuacións, a máxima subvención que proceda con respecto ao seu custo elixible ao amparo da convocatoria correspondente ao exercicio 2022 do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O Concello asume o compromiso de que dispoñerá dos recursos tanto técnicos como financeiros necesarios para garantir o mantemento e operación da actuación subvencionada tras a súa posta en marcha e durante polo menos o primeiros 5 anos de actividade. Tamén se compromete a ter implantada no municipio unha Zona de Baixas Emisións en 2023.

Publicacións Relacionadas