Así llo fixo saber o alcalde aos representantes do C. D. Palmés nunha reunión mantida esta mañá
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá cos representantes do C.D Palmés, Emilio Fernández e Martín Fernández, aos que lle deu a coñecer os proxectos deportivos que o Concello de Ourense ten previsto realizar na localidade de Palmés, como é o caso da reforma do campo de fútbol, onde se mellorarán as instalacións e se dotará de céspede artificial, “para o uso e desfrute de todos, pois do que estamos falando e da dotación dunha nova infraestrutura para tódolos veciños de Ourense”, matizou o rexedor.




