HomeOurenseO Concello de Ourense fará unha segunda convocatoria para o posto de...

O Concello de Ourense fará unha segunda convocatoria para o posto de funcionario interino de enxeñeiros e técnicos de software

- Anuncio -spot_img

A proba de selección, exame teórico, con nota de corte, resultou ser inadecuada para alcanzar os fins perseguidos

O Concello de Ourense fará unha segunda convocatoria para o posto de funcionario interino de enxeñeiros e técnicos de software, este mesmo ano, ante os desacertos detectados nas bases das probas de acceso para ser especialista no Centro de Intelixencia Artificial do Concello.

Por erros producidos polos “responsables” da elaboración das bases e a confección da proba de selección dos futuros funcionarios interinos científicos, quedaron fóra o 97,3% dos candidatos presentados, xa que tan só foi declarada APTA unha persoa, das 37 posibles.

Estes errores foron tres: a proba era primordialmente teórica (inusual cando se busca talento); incluía nas condicións para superala una nota de corte excluínte, o que impediu seleccionar aos seguintes 20 mellores; e, por último, esixiuse un temario excesivo, de 120 temas específicos, con só tres meses de antelación.

Dos 27 graduados presentados, a maioría enxeñeiros de informática, só un foi quen de aprobar. Dos 10 técnicos de FP, ningún. A persoa que resultou APTA incorporarase o mes vindeiro ao seu posto de traballo, pois a proceso de selección, malia a dificultade da proba, si é válido.

Os exames foron feitos á vella usanza, tipo enxeñerías españolas dos anos 80, onde era frecuente que dunha bolsa de 300 estudantes, solo aprobasen o 2%.

Cumpre subliñar que as prazas que ofertou o Concello eran para un período de 3 +1 anos, como funcionarios interinos, e co período de probade 4 meses.

O alcalde, Gonzalo Jácome, impulsor da iniciativa, delegou completamente o proceso de selección. Esta delegación na elaboración das bases, non volverá a suceder e será o propio alcalde o que estableza as condicións dunha segunda convocatoria, onde non haberá un exame teórico de modo que, en vez de 37, haberá máis dun centenar de aspirantes.

A proba de selección será similar á das grandes empresas tecnolóxicas: proba de talento.

Por outro lado, “estes feitos demostran a total imparcialidade das probas, ante as acusacións anticipadas do periódico local de La Región, que soltou sospeitas porque se presentaban catro enxeñeiros que son persoal eventual de Democracia Ourensana”, recalca o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Publicacións Relacionadas