- O alcalde anuncia que serán 16 técnicos de administración xeral, 6 enxeñeiros e 4 arquitectos técnicos que reforzarán a estrutura do Concello por un período de 6 meses
O Concello de Ourense incorporará 27 técnicos coa finalidade de axilizar a tramitación de licenzas e outros expedientes administrativos. Asi o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanzou que serán en total 17 técnicos de administración xeral, 6 enxeñeiros de obras públicas e 4 arquitectos técnicos quen se incorporen ao Concello.
Serán contratacións por un prazo de 6 meses, motivadas por acumulación de tarefas, que se incorporarán a diferentes servizos municipais. O Concello cubrirá estas prazas utilizando as listas de contratación recentemente elaboradas.




