O cadro eléctrico que fai posible a iluminación da Ponte resultou danado durante a realización destas obras
O Concello de Ourense non poderá iluminar a Ponte Vella, como ven sendo habitual cada 8 de marzo, xa que o cadro eléctrico que nutre de electricidade aos focos que lle dan luz resultou danado durante a realización das obras de mellora do entorno da propia ponte, que está executando a Xunta de Galicia neste lugar.




