HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense pon en servizo novos aseos públicos para persoas...

O Concello de Ourense pon en servizo novos aseos públicos para persoas ostomizadas

- Anuncio -spot_img

Trátase dun servizo fundamental para persoas ás que se lles realizou unha ostomía a causa de diferentes enfermidades

O Concello de Ourense, coincidindo coa reapertura dos aseos públicos, puxo en funcionamento un novo servizo para persoas ostomizadas nos baños dos Xardíns de Padre Feijóo, Parque San Lázaro e Parque da Ponte. Xa existían este tipo de aseos no Pavillón de Deportes dos Remedios e no Auditorio Municipal.

A ostomía é un proceso polo cal se forma unha apertura ou saída dun órgano á superficie da pel co obxecto de recoller os desfeitos que produce o corpo humano a un dispositivo en forma de bolsa. Esta abertura ou saída recibe o nome de estoma.

As persoas que ten estoma senten unha gran preocupación á hora de levar unha vida normal. Para facilitar esa normalidade, o Concello de Ourense continúa incorporando este servizo nos seus aseos públicos, para que estas persoas poidan baleirar de forma regular as súas bolsas e evitar unha saturación.

Este proceso de baleirado entraña certa dificultade, onde as persoas necesitan acceder aos aseos ou baños de forma rápida. Para poder realizar esta acción con normalidade, as persoas ostomizadas precisan que, no intre de acceder aos baños, os aparatos sanitarios estean en condicións de ser utilizadas, sen máis perda de tempo.

Dende o Concello de Ourense prégaselle á poboación que non lles dea outro uso a estes aparellos e que respecte e sexa sensible con aquelas persoas que si precisan facer un uso adecuado dos mesmos.

Publicacións Relacionadas