HomeOurenseO Concello de Ourense quere realizar unha homenaxe as nais este primeiro...

O Concello de Ourense quere realizar unha homenaxe as nais este primeiro domingo de maio

- Anuncio -spot_img

A rúa Xoán XXIII encherase de flores con motivo do día Nai

Os traballadores do Concello de Ourense traballaron arreo esta semana para homenaxear a todas as nais este primeiro domingo de maio, día da Nai.

Trátase dunha iniciativa do servizo de Medio Ambiente, que contaron coa colaboración das brigadas pertencentes aos servizos de Infraestruturas, Seguridade Cidadá e Medio Ambiente, así como de traballadores de empresas concesionarias da limpeza, Ecourense, e do mantemento da rede semafórica, SICE. A empresa pública Correos tamén se sumou a esta homenaxe limpando e pintando a caixa de correo situada nesta rúa.

Todos eles estiveron traballando esta semana na rúa Xoán XXIII, de xeito coordinado, reparando beirarrúas, preparando xardineiras, repintando a sinalización horizontal e limpando e pintando mobiliario urbano (papeleiras, soportes do alumeado, semáforos, sinais…), renovando tódolos bancos da rúa e revisando as luminarias de todo o alumeado público para que esta rúa luza no seu esplendor, coincidindo con este día tan especial. Será na madrugada do sábado para o domingo cando esta actuación culmine coa colocación das xardineiras cubertas de flores en ambas beirarrúas de Xoán XXIII.

A todos eles o grupo de goberno quere expresarlle o seu agradecemento por esta iniciativa, pola súa implicación e polo bo facer para levala a cabo.

O Concello continuará realizando este tipo de actuacións coordinadas entre diferentes servizos, como xa fixo noutras ocasións, por exemplo, no acondicionamento das ribeiras do Miño. Así, proximamente iniciaranse tarefas de renovación integral noutras rúas, semellantes a esta, adaptándose as características de cada unha delas, tendo en conta, especialmente, o ancho das beirarrúas ou a presenza ou ausencia de outros elementos naturais. Se ben, quérese salientar dende o Concello que esas tarefas de limpeza, reparación e renovación de beirarrúas e mobiliario urbano, como é o caso dos bancos, chegará a cada recuncho da cidade e do perímetro rural.

Publicacións Relacionadas