HomeOurenseO Concello de Ourense retransmitirá o pleno de mañá a través dun...

O Concello de Ourense retransmitirá o pleno de mañá a través dun servidor propio, ao que se poderá acceder desde a web municipal

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense retransmitirá o pleno de mañá, venres 7 de maio, desde un servidor propio, ao que se poderá acceder a través da páxina web do Concello de Ourense, en lugar da plataforma comercial Youtube, que utilizaba até o de agora para estas sesións. A ligazón publicarase mañá na portada da páxina web www.ourense.gal para que as persoas interesadas poidan seguir o desenvolvemento da sesión.

O pleno do Concello recupera para a súa reunión ordinaria do mes de maio o formato presencial, logo de celebrar as ultimas de forma telemática como consecuencia das restricións motivadas pola pandemia da COVID-19. Desenvolverase desde as 9:00 horas no Auditorio Municipal, cun receso ás 14:00h se a duración o fixese necesario. Inclúe na súa orde do día unha declaración institucional do Concello de Ourense de apoio ao proxecto de construción dunha estación que centralice o transporte de mercadorías en San Cibrao e permita liberar do uso ferroviario unha superficie de máis de 100.000 m2 na estación Ourense Empalme, e 9 mocións presentadas polos diferentes grupos municipais.

Publicacións Relacionadas