HomeOurenseOurenseO Concello inicia con “O señor do castelo”, de Sabela Gago, un...

O Concello inicia con “O señor do castelo”, de Sabela Gago, un ciclo de contacontos para fomentar a lectura entre a cativada nas bibliotecas municipais

- Anuncio -spot_img

Máis de vinte nenas e nenos participaron na primeira sesión que se realizou na biblioteca da Ponte

Compañías ourensáns actuarán en xullo e agosto en A Ponte, San Francisco e A Carballeira, con aforo limitado e inscrición previa

O Concello de Ourense iniciou esta mañá na biblioteca municipal da Ponte o ciclo de contacontos que organiza este verán en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Ao longo das próximas semanas, as bibliotecas municipais recibirán artistas e compañías ourensás como Sabela Gago, A Run Run, Iván Davila, Sarabela ou Trécola, que representarán os seus espectáculos coa finalidade de achegar á lectura e ás artes escénicas á rapazada ourensá.

Nesta primeira cita, máis de vinte nenas e nenos tiveron a oportunidade de desfrutar co espectáculo “O señor do castelo”, a cargo de Sabela Gago, primeira cita dun ciclo que continuará o día 21 en san Francisco, coa representación de “Sen medo”, a cargo de Trécola Teatro.

O aforo é limitado e os nenos e as nenas deberán inscribirse previamente nas propias bibliotecas ou por teléfono, e respectar todas as medidas de prevención da COVID. Serán en total 9 actuacións:

Biblioteca pública municipal A Ponte:

Praza Mestre Luis Fernández s/n – 988605751

9 de xullo, 11:00h, “O señor do castelo”, por Sabela Gago

9 de agosto, 11:00h “Díxoo Thais e non se fale máis”, con A Run Run

26 de agosto, 11:45h “Contos na lareira”, por Iván Davila

Biblioteca pública municipal A Carballeira

Praza Sagrado Corazón s/n – 988253893

6 de agosto, 11:00h, “Aquelando as nosas letras con Xela”, A Run Run

20 de agosto, 11:00H “Isto non é unha caixa”, por Sarabela Teatro

31 de agosto, ás 11:00h, “O león azul”, por Trécola Teatro.

Biblioteca pública municipal San Francisco:

Explanada de San Francisco s/n – 988230124

21 de xullo, 11:00h, “Sen medo”, por Trécola Teatro

28 de xullo, 11:00h, “Avoas”, con A Run Run

23 de agosto, 11:00h “Noa no espello”, por Sarabela Teatro.

As tres bibliotecas do Concello funcionan actualmente segundo a normativa COVID, cun horario de atención ao público de luns a venres de 9 a 14 horas.

Publicacións Relacionadas