HomeOurenseOurenseO Concello porá en marcha mañá o parque infantil con xogos de...

O Concello porá en marcha mañá o parque infantil con xogos de auga da Alameda do Cruceiro

- Anuncio -spot_img

O parque infantil con xogos de auga da Alameda do Cruceiro entrará en servizo mañá, venres 25 de xuño, para a temporada de verán. A instalación estará aberta todos os días, incluídos as fins de semana e festivos, de 16:30 a 21:00 horas, até o 19 de setembro. A capacidade do recinto é de 50 persoas e realizaranse quendas de media hora no caso de que haxa persoas agardando.

Actualmente, e de acordo coa normativa sanitaria vixente, é obrigatorio usar máscara, condicionado ao que determinen as autoridades sanitarias. Tamén é obrigatorio manter a distancia de seguridade e está prohibido comer e beber no interior da zona delimitada. No caso de climatoloxía adversa, a instalación manteríase pechada ao público.

Publicacións Relacionadas