HomeOurenseOurenseO Concello proponlles ás federacións de veciños un novo marco de financiamento

O Concello proponlles ás federacións de veciños un novo marco de financiamento

- Anuncio -spot_img

Co novo modelo, disporían de máis liberdade para usar os recursos públicos.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá na Casa do Concello cos representantes das federacións de veciños de Ourense: Miño, Limiar e asociacións non adscritas.

O motivo da reunión foi o de establecer un novo marco de financiamento das asociación de veciños, coa intención de que dispoñan de máis liberdade para decidir o destino dos fondos que reciben, segundo as súas necesidades, no canto de que sexa o propio Concello quen os provea de servizos (alugueiros, cursos, etc.), tal e como se fai na actualidade.

Para o rexedor, Gonzalo Jácome, “é mellor que cada asociación gaste ese diñeiro como eles decidan”. O Concello financiaría as asociacións de veciños con subvencións nominativas, gozando estas de máis liberdade, sen necesidade de que a súa actividade dependa dunha planificación centralizada e dirixida dende o Concello de Ourense. Os representantes das federacións van estudar esta proposta para dar unha resposta ao alcalde nos vindeiros días.

Publicacións Relacionadas