HomeOurenseO Concello recibe esta tarde a 'Vasoira de Platino' polo programa de...

O Concello recibe esta tarde a ‘Vasoira de Platino’ polo programa de limpeza intensiva de barrios

- Anuncio -spot_img

O acto celébrase esta tarde ás 18.00 horas de forma telemática

O concelleiro Armando Ojea, en representación do goberno municipal, asistirá á lectura da acta do xurado

O Concello de Ourense recibirá esta tarde, nun acto telemático, a Vasoira de Platino que entrega a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio (Ategrus) como recoñecemento ás institucións e organismos que máis destacan polas súas iniciativas para mellorar todos os aspectos relacionados coa xestión dos residuos urbanos, a limpeza e o aseo urbano en xeral das nosas cidades e industrias.

Será o concelleiro Armando Ojea, en representación do goberno municipal, o que asista á lectura da acta do xurado, xa que o trofeo físico se recibirá nas vindeiras datas por mensaxería.

A deste ano é a décimo sétima edición dun concurso que ao longo da súa historia outorgou un milleiro de galardóns a Municipios, Deputacións, Cabidos, Comunidades Autónomas, Empresas e Universidades de España, México, Chile, Arxentina e Perú. Ourense recibiu este premio por vez primeira no ano 2004 (Vasoira de prata), e despois en 2006 (Vasoira de Ouro), circunstancia que lle permitiu participar na categoría de Vasoira de Platino.

A cidade de Ourense recibiu o premio Vasoira de Platino 2020, que se lle concede ás cidades que apoian, premian e difunden o bo saber facer da xestión dos residuos e o aseo urbano, así como pola elaboración de proxectos e polo desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha xestión sostible do medio ambiente.

Para esta última edición, a concesionaria da limpeza -Ecourense UTE- achegou na convocatoria dos premios un proxecto dun servizo novo e innovador para mellorar a calidade do conxunto dos servizos prestados, a “Limpeza Intensiva de Barrios”.

Publicacións Relacionadas