HomeOurenseO Concello recupera a escultura Home, de Xosé Cid, grazas a un...

O Concello recupera a escultura Home, de Xosé Cid, grazas a un aviso cidadán á Policía Local

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense puxo esta tarde en coñecemento da Policía Nacional a recuperación da estatua de bronce Home, de Xosé Cid, cuxa desaparición denunciara o pasado día 21 de abril. A figura foi recuperada pola Policía Local de Ourense, alertada por un aviso cidadán que informou de que se atopaba na rúa Díaz de la Banda. A Policía Local comunicoulle o achado ao servizo municipal de Cultura, que o puxo esta tarde en coñecemento da Policía Nacional, ante a que se denunciara hai días a súa desaparición.

Publicacións Relacionadas