HomeOurenseOurenseO goberno entrégalles aos grupos municipais a documentación sobre o imposto de...

O goberno entrégalles aos grupos municipais a documentación sobre o imposto de circulación para o pleno do vindeiro 29 de xullo

- Anuncio -spot_img

A cidade conta actualmente con 71.678 vehículos, dos que 17.448 están exentos do pago do IVTM

O goberno municipal entregoulles aos grupos políticos municipais os datos sobre o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o imposto de circulación, para o debate sobre a rebaixa fiscal que terá lugar o vindeiro 29 de xullo en sesión plenaria extraordinaria. Coa proposta de redución do 40% que impulsa o goberno municipal cada propietario de vehículo aforrará unha media de 60 euros no recibo anual.

O parque móbil da cidade de Ourense conta a día de hoxe con 71.678 vehículos, dos que 17.448 están exentos de cota. Con estes datos, o Concello recadará 4.774.982,36 euros neste exercicio. Coa rebaixa, produciríase unha redución de 2 millóns de euros na recadación municipal.

*Anexos:

Engadimos, coa nota de prensa, as táboas do total dos vehículos por tipo, tarifa fiscal, exento-non exento e importe total.

A potencia fiscal (CVF) baséanse na potencia (CV) cun cálculo a través das medidas dos pistóns e cilindros, e existen estes tipos de vehículos:

Turismos de menos de 8 CVF: Coches pequenos con pouco motor como o Seat Panda, ou Hyundai Matiz, Fiat Cinquecento ou mesmo algún superior como o Seat Ibiza pero sempre con motores pequenos, xeralmente menos de 1.000cc e tricilíndricos.

Turismos de 8 ata 11,99 CVF: Coches pequenos con motores de máis de 1.000cc, coches medianos como ou Seat León, Ford Focus, Citroën C4, Seat Arona con motores de catro cilindros e potencias entre 90 e ata 115 cv

Turismos de 12 ata 15,99 CVF: Coches medianos con motores de máis de 115/120 cv, e ata 140/150 cv estilo Ford Mondeo, Volkswagen Passat, Volkswagen Golf, Mercedes Clase A, Audi A3, A4…

Turismos de 16 e ata 19,99 CVF: Coches de alta gama como os BMW serie 3 ou 5, Audi A4, A6, Mercedes clase E con potencia ente 140/200 cv.

Turismos desde 20 CVF: Coches moi alta gama, con potencias de máis de 250 cv, Porsche Cayenne, Range Rover, Mercedes AMG, BMW M3, M5…

Publicacións Relacionadas