HomeOurenseOurenseO grupo de goberno non asiste á reunión convocada polos comerciantes da...

O grupo de goberno non asiste á reunión convocada polos comerciantes da praza porque a considera unha iniciativa “pouca apropiada”

- Anuncio -spot_img

O alcalde considera “insólito que os inquilinos lle poidan marcar as directrices aos arrendadores” e lamenta que o colectivo transmita que “os plenos e as xuntas de portavoces non serven para nada”.

Asegura que desde o goberno municipal “xa estamos poñendo en marcha todos os mecanismos para conseguir o mellor para a praza”

O grupo de goberno do Concello de Ourense decidiu non asistir á reunión convocada polos comerciantes da Praza de Abastos nº 1 cos partidos políticos, para este luns no centro cultural Marcos Valcárcel, porque considera que tanto a iniciativa coma o enfoque foron “pouco apropiados”. Ao parecer do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o chamado realizouse “dun modo paternalista”, e considera “insólito que os inquilinos lle poidan marcar a axenda e as directrices aos arrendadores”.

Así, o grupo de goberno cre que existen mecanismos de representación nas institucións, e lamenta que a mensaxe que transmite este grupo de comerciantes sexa que “os plenos e as xuntas de portavoces non serven para nada”, di. “Se cada gremio ou colectivo fixese o mesmo que hoxe están a facer os comerciantes da Praza de Abastos teríamos reunións sectoriais cada semana”, lamenta o alcalde.

As obras de remodelación integral da Praza de Abastos seguen en marcha e desde o Concello estase a traballar para que rematen da forma “máis satisfactoria posible tanto para os usuarios coma para o resto da cidadanía”.

“O noso grupo de goberno”, asegura o rexedor, “herdou un problema coa Praza que os xurídicos do Concello están a tentar solucionar, incluída a ameaza de perda de subvención por parte do goberno estatal do PSOE”, asegura.

O alcalde lembra que a Praza é “unha propiedade de todos os ourensáns”, e que desde o goberno “xa estamos poñendo en marcha todos os mecanismos para conseguir o mellor para a a Praza”, mais subliña que “non nos poden marcar eles a axenda nin as solucións”.

Publicacións Relacionadas