HomeOurenseO mercado de antigüidades volverá este domingo á Praza Maior

O mercado de antigüidades volverá este domingo á Praza Maior

- Anuncio -spot_img

O mercado de Antigüidades volverá á Praza Maior este domingo toda vez que as medidas sanitarias da Xunta de Galicia permiten que se celebre con toda a seguridade para as persoas que participan nesta actividade: compradores, visitantes e vendedores, así coma o conxunto da cidadanía.

O goberno municipal decidira deixar de celebrar o mercado no mes de setembro de 2020, xa que non se podía garantir que se realizase con plenas garantías de evitar exposicións ou contaxios en estrito cumprimento da normativa.

O mercado de antigüidades terá lugar, como é costume, o primeiro domingo de cada mes na Praza Maior.

Publicacións Relacionadas