HomeOurenseOs concelleiros 'díscolos' de DO abandonan o partido e pasan a formar...

Os concelleiros ‘díscolos’ de DO abandonan o partido e pasan a formar parte dos non adscritos

- Anuncio -spot_img

María Teresa Rodríguez, María del Mar Fdz. Dibuja e Miguel Caride presentaron por Rexistro esta mañá a súa renuncia

Os concelleiros María Teresa Rodríguez, María del Mar Fdz. Dibuja e Miguel Caride presentaron un escrito por Rexistro e perante a Secretaría do Pleno no que informan da súa decisión de abandonar o grupo político municipal de Democracia Ourensana (DO) e pasar á condición de non adscritos.

Toman esta decisión debido a que “non existe democracia interna” no seo do grupo municipal”, segundo recolle o escrito. Porén, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, considera que abandonan o grupo única e exclusivamente por intereses económicos, ao seren apartados das xuntas de área logo de non respectar a disciplina de voto nos plenos.

O rexedor, presidente da formación política que abandonan estes concelleiros, asegura que “abandonan antes de que os boten”, e afirma que deixar de percibir os máis de 300 euros mensuais -os concelleiros que asisten ás xuntas de área perciben 172 euros por sesión, cun máximo de 6 ao mes- é o único motivo polo que abandonan a formación.

No escrito infórmase tamén de que Miguel Caride, deputado provincial por DO, abandona a formación para pasar a ser deputado non adscrito na Deputación.

Publicacións Relacionadas