HomeOurense'Os Venres con Intelixencia Artificial' introducen esta semana os algoritmos evolutivos e...

‘Os Venres con Intelixencia Artificial’ introducen esta semana os algoritmos evolutivos e as súas aplicacións

- Anuncio -spot_img

O profesor Enrique Carmona será o relator desta actividade organizada polo centro de Intelixencia Artificial en colaboración coa UNED

Enrique Carmona, profesor doutor da Escola de Informática da UNED, será o próximo relator do segundo ciclo de Os venres con IA, unha actividade organizada polo Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense (cIA) en colaboración coa Universidade a Distancia.

A cita será o venres 16 ás 12:00 horas a través da canle de vídeos do cIA, e Carmona disertará sobre ‘Algoritmos evolutivos e as súas aplicacións’. Logo dunha breve introdución sobre os algoritmos evolutivos, xunto cunha descrición das diferentes aplicacións levadas a cabo no grupo de investigación SIMDA.

Publicacións Relacionadas