O cabeza de da lista pola provincia de Ourense, Víctor Ferreiro, esixiu á Xunta de Galicia que tome medidas urxentes para reparar o fochanca na estrada OU-536 ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo. “A estrada é un acceso importante a núcleos de poboación no interior da provincia e ten un fluxo de tráfico significativo”, destacou o candidato.
Dende a formación morada afirman que os veciños da zona denunciaron o problema hai case un ano, e aínda que se procedeu a reparar o problema, os operarios da Xunta de Galicia indicaron que a ponte non tiña ningún dano estrutural. Con todo, ao mes da reparación, o fochanca empeorou e a veciñanza teme que ocorra unha desgraza.
Segundo Víctor Ferreiro, “Os veciños e veciñas teñen dereito a una infraestructura segura, e precisan que remate o desmantelamento da comunicación co rural; a vertebración do noso territorio e vital para garantir a igualdade e seguridade de todos”.
Podemos Galicia únese á denuncia da veciñanza e esixe á Xunta que tome medidas urxentes para reparar o fochanca na estrada de Xunqueira de Espadañedo. “A provincia de Ourense sempre foi unha das máis deixadas e que menos recursos recibe polo que é importante que se tomen medidas para garantir a seguridade dos cidadáns”, afirma Ferreiro.




