HomeOurenseOurensePodemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia...

Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo Pérez Jacome por suprimir as roldas de prensa

- Anuncio -spot_img

Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo Pérez Jacome por suprimir as roldas de prensa.
Desde Podemos Ourense condenamos rotundamente a decisión do alcalde de suprimir as roldas de prensa institucionais e substituílas por charlas informativas no seu canal de YouTube, AURIA TV.
Esta medida, lonxe de mellorar a comunicación, limita a liberdade de prensa e atenta contra a transparencia que debe caracterizar unha administración pública. As roldas de prensa son unha ferramenta esencial para que os medios de comunicación poidan realizar o seu labor de forma libre, contrastada e plural. Subtituílas por un monólogo unilateral é un intento de evitar preguntas incómodas e de controlar o relato, algo completamente incompatible cos principios democráticos.
Ourense merece un goberno transparente, que dialogue coa cidadanía e rinda contas a través de espazos abertos e participativos. Coa eliminación das roldas de prensa, o alcalde ignora non só aos medios, senón tamén o dereito dos veciños e veciñas a recibir unha información clara e veraz sobre a xestión municipal.
Desde Podemos Ourense esiximos a inmediata recuperación das roldas de prensa como parte dun compromiso coas boas prácticas democráticas e instamos a Jácome a rectificar. A democracia non pode ser gobernada dende un canal de YouTube. Por unha Ourense máis democrática e transparente. Francisco Diéguez, Voceiro Podemos Ourense
Francisco Diéguez, Voceiro de Podemos Ourense.

Publicacións Relacionadas