A poboación non debe realizar ningunha acción especial cando as oia e pode continuar normalmente coas súas actividades
Mañá martes, día 25 de xuño, e pasado mañá, mércores, 26, terán lugar as probas de sirenas dos plans de emerxencia das presas de San Pedro, Os Peares e Velle. O seu son será percibido en diferentes zonas da cidade, mais a poboación non debe realizar ningunha acción especial cando as escoite e poderá continuar normalmente coas súas actividades.
Concretamente, o martes, 25, pola mañá efectuaranse as probas das presas de San Pedro e Os Peares, que serán audibles principalmente en Velle (A Batundeira e San Mamede), e no Polígono das Coiñás – O Vinteún. O mércores, 26, desde as 13.00h levaranse a cabo as probas de sirenas da presa de Velle, que se oirán en toda a cidade.
As probas están enmarcadas nos plans de emerxencia das presas hidráulicas que se levan a a cabo todos os anos, coa participación de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.




