HomeOurenseResumo de acordos da Xunta de goberno local 25/3/21

Resumo de acordos da Xunta de goberno local 25/3/21

- Anuncio -spot_img

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, presidida polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome, celebrou esta mañá a súa reunión semanal na que abordou 17 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

A esta sesión incorporouse, por vez primeira, a nova oficial maior do Concello de Ourense, Silvia Alonso. O rexedor iniciou a súa sesión expresando o seu agradecemento e recoñecemento ao anterior oficial maior, Carlos Javier Fernández, polos servizos prestados nos últimos anos como titular da Oficialía Maior.

Avogacía consistorial (6). A xunta de goberno deu conta de 5 sentenzas ditadas polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, noutros tantos procedementos abreviados que:

desestiman os recursos de 2 particulares en relación a unha liquidación do IBI e unha sanción de tráfico

estiman os recursos de 2 particulares en relación ao imposto de plusvalía e a unha declaración de autoliquidación de terreos de natureza urbana

estima o recurso dun traballador municipal que solicita o recoñecemento de funcións de categoría superior e o pago das diferencias salariais xeradas desde 26.12.2014 até 01.06.2018

Tamén deu conta da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima o recurso dunha particular en relación coa licenza de obra e apertura de sala cinematográfica no centro comercial Ponte Vella, que o Concello lle concedeu a Lanoca Exhibición S.L. A sentenza desestima o recurso de apelación e confirma a sentenza ditada no seu día polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1.

Licenzas (3). Conceder licenzas para a remodelación dunha vivenda na rúa Juan XXIII, e as demolicións dun edificio en Bobadela e dun inmoble na rúa Camiño Romano

Contratación (7). Aprobar o expediente para contratar o servizo de conservación, reparación, verificación e substitución de pezas de equipos de impresión do Concello.

Recoñecer indemnización por importe de 86.896,43€ a favor de Grupo Europeo de Servizos DOAL, empresa concesionaria do servizo de ordenación e regulación de aparcamento na vía pública mediante expendedores de tiques, en concepto de danos e prexuízos, derivados da orde de suspensión do contrato do servizo, desde o 6 de marzo ao 24 de maio de 2020.

Desestimar integramente os recursos de reposición interpostos polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, contra os pregos que rexen as licitacións dos contratos para adxudicar a redacción de 5 proxectos de humanización de rúas da cidade. A xunta de goberno local adopta este acordo en consideración aos informes técnicos e xurídicos e acorda alzar a medida cautelar de suspensión do procedemento de contratación da redacción destes proxectos, que inclúen a humanización Avenida de Portugal, o entorno das rúas Ánxel Barxa Compositor, paseo Mestre Vide, Eduardo Blanco Amor e Alfonso Rodríguez Castelao, da rúa Bonhome, e da rúa Doutor Flémming.

Nomear dous técnicos municipais responsables do contrato de servizos en materia de seguridade e saúde vinculados á conservación e mantemento das infraestruturas viarias de titularidade municipal situadas.

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobar unha relación de facturas, por importe de 28.975,57€ correspondentes a gastos realizados en 2020, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación nese exercicio.

Publicacións Relacionadas