HomeOurenseOurenseUn obradoiro de plantas carnívoras para espertar entre o alumnado curiosidade e...

Un obradoiro de plantas carnívoras para espertar entre o alumnado curiosidade e respecto polo medio natural

- Anuncio -spot_img

É unha actividade da Concellería de Educación na que participarán 591 escolares de Educación Primaria e ESO

A Concellería de Educación, no marco do programa educativo Educación en Saúde Ambiental, oferta o obradoiro ‘Plantas carnívoras’ dirixido aos escolares de Educación Primaria e ESO. O obxectivo desta actividade é que os nenos e nenas recoñezan as plantas como seres vivos, inculcarlles o respecto polo medio natural e adquirir sentido da responsabilidade cara ao seu traballo.

A intención da área educativa municipal é despertar o interese polas distintas formas de vida na natureza, adoptando as competencias básicas e as intelixencias múltiples -sociais, cívicas, lingüísticas e naturais- como eixo integrador da personalidade do alumnado. A curiosidade polas plantas carnívoras provocará, en opinión dos expertos docentes, unha actitude de apreciación, respecto e conservación do medio físico e natural, da cal a especie humana se distanciou, como demostran as actividades humanas que provocan o seu deterioro.

Na actividade participarán 591 alumnos de diferentes centros escolares da cidade que a solicitaron. A primeira cita será no Cpr. Salesianos, o venres 23 de abril ás 10:50 horas.

Publicacións Relacionadas