Unha traballadora da Alcaldía do Concello de Ourense resultou positivo por COVID-19 nunha PCR realizada no día de onte. A empregada, que desenvolvía o seu labor como secretaria na Alcaldía, acudiu presencialmente por última vez ao Concello o luns e realizou a proba PCR no día de onte tras coñecer, e comunicarlle ao Sergas, que unha persoa da súa contorna resultara positivo por COVID-19.
A PCR realizouse no día de onte, e o resultado foi positivo, polo que estará de baixa desde hoxe.
A traballadora desenvolvía o seu labor respectando sempre as medidas de seguridade e protección definidas na normativa vixente, utilizando sempre a máscara, e non mantivo ningún contacto estreito no Concello.




