HomePontevedraA Alameda Talo Rio de Arcade mañá a proxección da pelicula Nación

A Alameda Talo Rio de Arcade mañá a proxección da pelicula Nación

- Anuncio -spot_img
  • O acceso é totalmente gratuíto pero contará con aforo limitado para garantir o distanciamento social
  • O Concello de Soutomaior organiza mañá unha nova sesión de cinema en galego ao aire libre na alameda Tallo Río de Arcade. Nesta ocasión trátase da premiada película de Margarita Ledo, Nación. A proxección comezará ás 22:30 horas e o acceso realizarase por orde de chegada ata completar o aforo máximo establecido para garantir o distanciamento social.
  • Rodada en gran parte en Pontesampaio, Nación é unha película que narra a historia das traballadoras da antiga factoría de Pontesa, moitas delas veciñas de Arcade e Soutomaior, e a forma na que o acceso a este sector industrial cambiou as súas vidas proporcionándolles unha inédita autonomía. O filme destaca especialmente por reflectir o moito que as mulleres tardaron en ter dereitos, non só en votar, senón en poder ter un traballo remunerado e ter a posibilidade de ser independentes.
  • A asistencia á proxección será totalmente gratuíta, aínda que existirán restricións de aforo para manter as normas sanitarias. Ademais, será necesario atender ao resto de recomendacións e protocolos contra a Covid 19, como o uso de máscaras e o distanciamento social.

Publicacións Relacionadas