HomePontevedraCaldasA antigua fábrica azucreira de Portas será escenario e protagonista do terceiro...

A antigua fábrica azucreira de Portas será escenario e protagonista do terceiro evento “saborEarte”

- Anuncio -spot_img

• O proxecto ‘saborEarte’ ofrece fotodegustación ao longo do Camiño Portugués da Costa

• A iniciativa está encadrada no programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia e céntrase na promoción turística desde o punto de vista gastronómico.

• O evento de Portas será o terceiro dos 5 que se celebrarán no Camiño Portugués da Costa ao longo do mes de maio.

A Antigua Fábrica Azucreira de Portas converterase este sábado, 15 de maio, no terceiro escenario do proxecto ‘saborEarte’, unha iniciativa centrada na promoción turística do Camiño Portugués da Costa desde o punto de vista gastronómico.

Os showcookings de ‘saborEarche’ céntranse nos produtos de proximidade e a historia das localidades nos que se celebran. Por ese motivo, a remolacha non podía deixar de estar presente na xornada de Portas.

E é que o fracaso na reconversión agrícola da zona, a comezos do século XX, co obxectivo de aumentar a produción local de remolacha que proporcionase materia prima á fábrica azucreira, levou ao seu peche en 1903, tan só 4 anos despois da súa fundación.

Hoxe, a Azucreira de Portas é unha construción rehabilitada para o uso público e un excelente miradoiro ao val do Salnés, grazas á súa cheminea de 65 metros de altura.

Máis aló dos avatares da fábrica e do cultivo truncado de remolacha, Portas si se mantivo no tempo como un excelente produtor de viño albariño, D.OO. Rías Baixas. O concello conta con numerosas adegas locais, polo que esta cita de ‘saborEarche’ non podía deixar de incluír a presenza dos viños e produtores da zona.

O showcooking tamén propoñerá receitas elaboradas con peixe de río, posto que a paisaxe de Portas está marcado polo percorrido do Umia.

Como xa sucedeu nos dous eventos precedentes -celebrados no Rosal e Soutomaior-, o showcooking de Portas contará coa presenza do chef Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa, que nesta cita estará acompañado dos chefs Pepe Santos e Julio García. Tamén do fotógrafo Adolfo Enríquez, promotor do proxecto e encargado de realizar a fotografía gastronómica que conformará a exposición que percorrerá o Camiño Portugués da Costa durante o mes de xuño.

Ademais, este evento ‘saborEarte’ incluirá asistencia e participación de autoridades locais, produtores da zona e bloggers gastronómicos. Todos terán a oportunidade de degustar as propostas elaboradas en vivo con produto de proximidade.

Publicacións Relacionadas