OS REITERADOS PROBLEMAS QUE ESTÁN A OCASIONAR AS DECISIÓNS UNILATERAIS DO CONCELLO SOBRE AS FEIRAS DE AMBULANTES SON SÓ UN EXEMPLO DAS MÚLTIPLES DECISIÓNS QUE A ADMINISTRACIÓN LOCAL ESTÁ A TOMAR SEN CONTAR COA OPINIÓN DO SECTOR PRODUCTIVO DA LOCALIDADE.
O Concello de Redondela ven implementando nas últimas semanas unha serie de
cambios na Feira de ambulantes, cambio de lugar de celebración, cambio de días de
celebración, corte de rúas, etc. que teñen desencadeado o malestar dos distintos
colectivos afectados. Pero o último cambio é especialmente significativo para o colectivo
de praceiros de praceiras. A celebración o domingo deixa sen opcións á clientela que
acude á feira para poder abastecerse dos produtos frescos que se comercializan na
praza de Abastos o que indignou ao colectivo.
A falta de diálogo, cree a Asociación de Empresarios, está detrás destes sucesivos erros
na toma de decisión que teñen ocasionado graves perxuizos económicos a
comerciantes, hostaleiros e activades de servizos ademais dos propios praceiros.
Esta situación, sen precedentes ata o momento, xa que a administración local sempre
tivo moi presente ao colectivo en todos aqueles proxectos que afectan a calquera
actividades empresariais, está provocar problemas como as queixas dos praceiros e
praceiras da Praza de Abastos de Redondela que non se tivo en conta os seus intereses
cando se deu traslado a celebración da Feira de Ambulantes aos domingos.




