O venres 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subido nas súas maxestosas carrozas e desfilando na gran Cabalgata de Reyes que organiza o Concello de Baiona.
O percorrido comezará ás 17:00 horas en Sabarís. Sairá desde a rotonda da Urbanización Puente Romano percorrendo as principais rúas da parroquia de Santa Cristina, pasando pola rúa Julián Valverde, Praza Victoria Cadaval, onde os Reyes farán unha pequena parada, continuarán pola Porta do Sol, Avda. Urbana ata chegar á praia de Santa Marta.
Desde Santa Marta a Cabalgata partirá ás 18:00 horas e percorrerá as principais rúas da vila, pasando pola Avda. Monterreal, Alférez Barreiro, Paseo Elduayen ata o Hotel Pinzón, onde a Comitiva Real continuará a pé ata a Praza do Concello. Alí os Reyes recibirán a todos os nenos que queiran entregarlle a carta e falar persoalmente con eles.
O corte de tráfico realizarase desde a rotonda de Puga ata a de Villa Rosa de 17:30 a 20:30 horas. Previamente indicarase a desviación do tráfico cara ao centro da Vila pola circunvalación, colocando a correspondente sinalización na rotonda de Sabarís de acceso á autoestrada e na rotonda de Rocamar.
Un día antes, a praza acollerá a partir das 17:00h a visita do Carteiro Real para que os máis pequenos poidan facerlle entrega das súas peticións.
O Concello de Baiona repartirá en total 1.500 Quilos de caramelos aptos para celíacos nos máis de 2 Quilómetros de percorrido da Cabalgata.
As súas maxestades os reis meigos han contado coa colaboración das seguintes empresas: Gestagua, FCA Medio Ambiente, S.A.; Cámping Baiona Praia; Lugove; Limpezas FARO; Maís Enerxía Galega; CARPAL CARYPALBO S.L.; Sanior Galicia SL.; Idades; COVIGAL; Estación de Servizo Monterreal; Petisco; Autos Consentir (Opel); Irago, S.A.; EROISKI Center; Carrefour Market; Froiz; ABANCA; Club de Iates Baiona; Parador de Turismo; Ferraxería Electrogayfer S.L; Roberto Rodríguez; ALMIJOCAR S.L; Millarada Motor, S.L.; Aqualia FCC Vigo UTE, Romixter, Materiais de Contrucción J.A. Martínez, Materiais de Construción Quintas.




