HomeVigoMosA Coral Polifónica Ventos do Val, organiza o seu concerto “Santa Cecilia”

A Coral Polifónica Ventos do Val, organiza o seu concerto “Santa Cecilia”

- Anuncio -spot_img

A Coral Polifónica Ventos do Val, organiza unha vez máis, como ven facendo xa dende fai 24 anos, o seu concerto “Santa Cecilia”, celebrase o domingo día 24 de novembro ás 18 horas, no Auditorio Municipal Multiusos as Pozas de Petelos Mos. A entrada o concerto é libre gratuíta para todas aquelas persoas que desexan asistir.

Este evento musical participarán, ademais da anfitriona , a Coral Polifónica Ondas do Mar de Vigo de Cesantes Redondela, e Banda de Acordeón Metropolitana.

Éste concerto é entendido polos membros da Coral organizadora como un Intercambio Cultural entre corais, pero tamén como un xeito de achegar a cultura na vertente do canto corai a tódos cidadáns.

Con modestia, dende Ventos do Val auguran que ”será un concerto bonito”, que arrincará aplausos emocionantes entre os amantes do canto coral e musical que o presencien.

Neste vindeiro concerto a Coral Polifónica Ventos do Val de Petelos interpretará un repertorio composto de cinco cancións , populares Galegas, Habaneras, Xotas, Boleros, e Zarzuelas.

Datos sobre Ventos do Val

A Coral Polifónica Ventos do Val, fundase en Petelos Mos no ano 2000, está composta por 34 voces mixtas, trátase dunha Coral consolidada, con 24 anos de actuacións ás súas costas, e unha coral ben apuntalada, cunha base solida que se consegue, entre outros esforzos, con catro horas de ensaio semanais, as sesións son sempre vespertinas. Ó redor das 21 horas da tarde, e distribuirse os martes e os venres.

Ventos do Val durante estés anos os que levou orgullosa o nome do seo municipio natal, Mos, ó longo e ancho da xeografia autonómica, nacional, e internacional.

A filosofía da Coral Ventos do Val aflora nítida ó conversar con calquera dos seus membros. E unha agrupación sen ánimo de lucro que vive o canto coral como unha vocación, a marxen das respectivas profesión que cada un dos integrantes desempeña. Definen a música como “paz” e como algo que une e engancha, os amantes do canto coral.

Os seus obxectivos e ilusión máis inmediatos son mellorar o seo repertorio e conveniar con agrupación corais tanto locais como doutros municipios todo tipo de intercambios que enriquezan culturalmente a ambas partes.

En definitiva, a Coral Polifónica Ventos do Val pode presumir da súa vocación de servicio a parroquia de Petelos e ó Concello de Mos en xeral, así como dunha moi eloxiable sede de cultura musical e de ampliación de horizontes.

Publicacións Relacionadas