HomePontevedraCaldasA deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visita o Concello de Valga...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visita o Concello de Valga para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

- Anuncio -spot_img

Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Valga, José María Bello, e membros da Corporación Local as diferentes estradas provinciais ao seu paso polo termo municipal e coñeceu as prioridades do Goberno local

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Valga xunto co seu alcalde, José María Bello, e membros da Corporación Local, as diferentes estradas provinciais ao seu paso pola vila. Durante a visita, a deputada, que estivo acompañada de técnicos provinciais, tivo a oportunidade de coñecer as prioridades do Goberno Local en canto a estas infraestruturas públicas co obxectivo de marcar unha folla de ruta para impulsar desde a institución provincial nos próximos anos.

Na xuntanza, o Goberno de Valga explicou á deputada provincial Isabel Couselo que entre as súas principais prioridades atópanse o tramo que falta por acondicionar e reparar na contorna da casa da cultura de Valga, na EP-8501 Valga-Martores, así como o proxecto de transformación e humanizacion do tramo da EP- 8502 Valga-Baño que vai desde o centro da vila á zona dos centro educativos.

A visita da deputada de Infraestruturas Públicas ao Concello de Valga enmárcase na serie de encontros que, desde o inicio do mandato, está a manter Isabel Couselo cos diferentes municipios da provincia, para coñecer de primeira man as prioridades dos Gobernos Locais en canto ás estradas provinciais que atravesan os seus diferentes termos municipais.

Publicacións Relacionadas