HomePontevedraPoioA falta de diálogo de Angel Moldes provoca unha situación límite

A falta de diálogo de Angel Moldes provoca unha situación límite

- Anuncio -spot_img

O BNG denuncia que o continuo acoso que o PP realizaba dende a oposición agora exerceo dende a posición de poder que lle da gobernar un Concello que non merece.

Para os nacionalistas “O Alcalde usa a súa posición para difamar e calumniar. Comportamentos que exceden á “crítica política” son unha constante no salón de plenos e fóra del. Faltas de respeto e provocacións son ás que sufrimos todolos concelleir@s da oposición por parte dun equipo de goberno que segue anclado na oposición”

Demandan ademais que o Alcalde en lugar de intentar resolver os conflictos como responsábel “inicia unha campaña de desprestixio contra funcionarios públicos como represalia a manifestarse no pleno, sen outra finalidade que a de xustificar ante a opinión pública a súa nefasta xestión e buscando represaliar a quen ose cuestionalo, facendo bo aquelo de “conmigo ou contra min””

Os nacionalistas consideran que o acontecido no pleno do martes e as acusacións posteriores do Concelleiro de Persoal “responden a unha incapacidade manifiesta” do rexidor, que busca confrontación no lugar de diálogo.

Publicacións Relacionadas