HomePontevedraA Federación de Comercio de Pontevedra asina en Redondela con Abanca un...

A Federación de Comercio de Pontevedra asina en Redondela con Abanca un convenio para apoiar ao comercio de toda a provincia

- Anuncio -spot_img

A colaboración con todas as asociacións locais será clave para impulsar o sector comercial da provincia.
▪ O banco e os comerciantes deseñan alternativas dirixidas a mellorar a competitividade nos negocios actuais
▪ Os asociados contarán con mellores condicións na contratación dun amplo catálogo de produtos e servizos a medida elaborado polo banco
▪ A entidade financeira activa as liñas de financiamento do ICO para reforzar o apoio ás necesidades dos asociados
ABANCA e a Federación de Entidades e Empresas do Comercio e Servizos da provincia de Pontevedra acaban de asinar un convenio de colaboración que busca impulsar a reactivación económica e comercial da zona fundamentalmente a través do crédito.
O acordo foi asinado esta mañá en Redondela por parte da directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, e do presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Enrique Lago Selecta.
A través deste convenio, os comerciantes da provincia pontevedresa terán acceso a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas no mercado. Os asociados poderán contratar produtos como préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.
No texto especifícase a posta ao dispor do colectivo dunha serie de produtos deseñados pola entidade bancaria, como o servizo APLAZOS, tanto con Terminal Punto de Venda ( TPV), como sen el (banca electrónica). Os profesionais que pertenzan á federación tamén se beneficiarán das tarifas personalizadas no alta e mantemento dos dispositivos TPV físicos e virtuais. Coa contratación destes últimos, de vital importancia nos últimos tempos debido ás
necesidades de distanciamento social, aplicarase un desconto dun 20% na creación das tendas en liña.
ABANCA reforza o seu compromiso cos comerciantes adheridos e co sector a través da activación das liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO. Ademais, terán acceso ao Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
ABANCA mantén un especial apoio ao comercio de proximidade na comunidade e achégase ás súas necesidades a través de propostas a medida. Adicionalmente, a entidade financeira ha participado en decenas de actividades, tanto a nivel local como autonómico, dirixidas a incentivar as compras no comercio local. Para afinar a súa proposta de valor, o banco conta con xestores especializados en Negocios, que traballan man a man con estes establecementos e contan con coñecementos específicos para este colectivo.

Publicacións Relacionadas