A Fundación RC Celta pon en marcha a iniciativa CLINICS, un campus deportivo que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de marzo en catro instalacións de Pontevedra e Ourense, entre elas o Estadio de Fútbol da Sangriña. Esta actividade, que se oferta en horario de 9 a 14h. contará con descontos para os xogadores do Sporting Guardés. Os interesados poden facer a inscrición a través do seguinte enlace: https://rccelta.es/mais-celta/clinics/
Mediante esta actividade a Fundación Celta pretende que as nenas e nenos sigan gozando do fútbol nas vacacións escolares, fortalecendo as habilidades futbolísticas pero tamén busca o entretemento e diversión que corresponde a época vacacional. Pensada para crianzas de entre 4 a 16 anos con diferentes necesidades a satisfacer:
• Nenos/as que buscan levar a cabo unha actividade física ao aire libre e en contacto con outros/as nenos/as.
• Nenos/as que queren vivir a súa primeira experiencia practicando futbol, xa sexa porque practican habitualmente outros deportes ou porque non practican ningún.
• Nenos/as que xogan ao fútbol e buscan reforzar as súas habilidades futbolísticas (técnicas, tácticas e condicionais).
• Nenos/as cunhas condicións futbolísticas óptimas que queren ser observados por técnicos das categorías inferiores do RC Celta.
O clinic está deseñado e pensado para dar cabida a nenos/as coas diferentes expectativas citadas e que todos eles póidanas cumprir, con adaptacións para que tanto as craizas de maior idade como as mais pequenas los niños/as satisfagan as súas necesidades
ACTIVIDADE: CLINICS, da Fundación RC Celta
LUGAR: Estadio Municipal da Sangriña
DATA: 25-27 marzo
ORGANIZA: Fundación RC Celta
ACCESO: Previa inscrición en https://rccelta.es/mais-celta/clinics/




