HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA humanización do entorno da rotonda de entrada a Cerdedo entra na...

A humanización do entorno da rotonda de entrada a Cerdedo entra na súa fase final despois de que Fomento se aviñera a acometer esa obra prometida hai tempo

- Anuncio -spot_img

• Cubela manifestou a súa satisfación porque se fixera un sobreancho na confluencia entre as rúas Ourense e Estrada para mellorar a mobilidade peonil dos usuarios nesta vía de acceso

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela amosou a súa satisfacción polo avance das obras da rotonda de acceso á vila de Cerdedo que se atopan xa na recta final consistentes na humanización e sobreancho da confluencia das rúas Ourense e Estrada que favorecerá a mobilidade peonil así como a seguridade viaria desta importante vía de acceso ao núcleo urbano cerdedense.

Cubela manifestou que “esta obra, comprometida por Fomento xa na época da ministra Ana Pastor, sufriu incomprensibles retrasos e por fin está entrando xa na súa etapa final coa colocación de beirarrúas anchas na confluencia das rúas Ourense e Estrada e permitirá que a presenza da rotonda atenúe substancialmente o tráfico que a alta velocidade se viña
introducindo no centro do núcleo urbano de Cerdedo con gran perigo para os viandantes”.

Para o alcalde, que se vaian rematando estas obras é un motivo de satisfacción porque “tiveron que pasar anos e anos desde que o Ministerio de Fomento se comprometera con nós para construír dúas rotondas na N541, á entrada e saída de Cerdedo, para reducir a velocidade do intenso tráfico que utiliza esta estrada nacional, arteria de comunicación entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Estas glorietas xa foran proxectadas na época de Ana Pastor, como ministra de Fomento, pero chegou a moción de censura contra o presidente Rajoy e as rotondas entraron nun proceso de demora inxustificable”.

“Agora —continuou Jorge Cubela— co proceso de humanización do entorno desta segunda rotonda permítenos ter un pouco máis de tranquilidade. Estas dúas rotondas que presenta a entrada e á saída do núcleo urbano de Cerdedo, permite que o tráfico discurra de xeito máis
calmado favorecendo a seguridade dos peóns e tamén dos vehículos con circulación local que se incorporan á N-541 para transitar dun lado a outro do municipio”, sinalou o alcalde de Cerdedo-Cotobade.

Publicacións Relacionadas