HomeO MorrazoMarínA II Edición de “STOCK MARÍN”, esgota o seu espazo en apenas...

A II Edición de “STOCK MARÍN”, esgota o seu espazo en apenas unha semana.

- Anuncio -spot_img

A II Edición da Feira de Oportunidades “Stock Marín”, que terá lugar os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto, vén de esgotar o espazo dispoñible para os establecementos.

Por primeira vez, en quince anos que se leva celebrando esta acción de dinamización comercial (antes Saldomarín, agora Stock Marín), participarán na mesma unicamente establecementos ubicados en Marín.

Deste xeito, os clientes que visiten esta edición poderán atopar produtos de moda muller, home e infantil, calzado, decoración fogar, complementos, lencería, xoiería, informática, artesanía, librería, xoguetería, deporte e como novidade perfumería e cosmética.

A distribución do espazo entre os expositores, farase por sorteo que se celebrará no Concello o martes día 15 ás 10h. Os participantes, poderán seguilo vía streaming a través da ligazón que se lles fará chegar nestes días.

Esta acción inclúese dentro do Plan de Reactivación Comercial do Concello, que asume os custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento.

Publicacións Relacionadas