HomePontevedraA liquidación do orzamento avala a boa xestión económica do actual goberno...

A liquidación do orzamento avala a boa xestión económica do actual goberno de Soutomaior

- Anuncio -spot_img

O Goberno Local de Soutomaior presentou hoxe, en pleno ordinario, a liquidación cun resultado orzamentario de 6 millóns 438 mil euros e un saldo positivo de 464 mil euros.

Esta mañá Soutomaior celebrou o seu pleno ordinario onde se deu conta da liquidación orzamentaria. Unhas contas que tal e como se dixo esta mañá a pesar de que os actuais mandatarios accedesen ao Goberno Soutomaior xa gastara máis de medio millón de euros máis do que había orzamentado para todo o ano as políticas de eliminación de gasto superfluo, contención do gasto e deseño de investimentos estratéxicos permitiu presentar unha liquidación despois de 9 meses de goberno na que se contempla un remanente de tesourería de 1 millón 719 mil euros.

No que ten que ver coa ratio de liquidación, hai datos que avalan a boa xestión económica do Goberno de Soutomaior como o que de se está a producir un incremento importante do gasto por habitante ao tempo que nestes meses se produciu unha redución do 0,17% dos gastos correntes. Neste sentido Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, sinalou que “Soutomaior tiña uns gastos correntes moi elevados o que dificultaba a dispoñibilidade de crédito para necesitades do concello”. Lourenzo continuou afirmando que “o novo Goberno Local iniciou xa camiño de redución do gasto corrente ao tempo que estamos a facer un maior esforzo inversor que se incrementou nestes meses nun 0.33%”.

Con estas cifras sobre a mesa Manu Lourenzo ten claro que “estes datos desmontan algunhas das afirmacións que viña facendo a oposición do Partido Popular e referendan unha política económica do Goberno de Soutomaior que reduce gastos innecesarios, adica máis diñeiro aos investimentos e aposta por dotar ao concello de máis servizos e de mellores condicións para os seus traballadores.”.

Publicacións Relacionadas