HomePontevedraA Mesa de Saúde Local analizará os recursos e as necesidades de...

A Mesa de Saúde Local analizará os recursos e as necesidades de Redondela para promover hábitos saudables

- Anuncio -spot_img

Esta reuniuse na Casa da Cultura a Mesa de Saúde Local de Redondela, da que forman parte o Concello e o Centro de Saúde de Redondela xunto cunha ducia de entidades e colectivos. A reunión tiña como obxectivo presentar aos colectivos participantes en que consisten as Mesas de Saúde e cal é a situación de partida en relación á saúde en Redondela. Participaron a Rede Galega Promoción Saúde (REGAPS), o Centro sociocomuntario de Redondela, o Centro de Atención a Persoas Maiores, a Asociación Española Contra o Cancro, Cáritas, Asociación de Empresarios, Centro de Día Os Cortizos, Centro de Día Chapela, Asociación de Mulleres Arela, Cruz Vermella, Asociación Lenda, Federación de ANPAS e Centro Cultural de Vilar.

Cada entidade realizará unha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) sobre a situación da promoción da saúde no Concello de Redondela. O obxectivo é coñecer cales son os recursos que existen para a promoción da saúde no municipio e cales so as necesidades que non están cubertas. Na próxima xuntanza, que se celebrará o 20 de maio, analizaranse os resultados e poranse en común as diferetes análises. O diagnóstico farase a través dunha ferramenta que valora como de saudables son as contornas relacionadas cos hábitos de vida (alimentación, actividade física, benestar emocional, cohesión social, sono,…). Desta xuntanza, á que están convidadas asociacións e colectivos, sairán as primeiras propostas de actuación. Os seguintes pasos serán facer unha guía con todos os recursos relacionados coas necesidades prioritarias e deseñar as accións que se van poñer en marcha”. Por parte do Concello participaron a alcaldesa, Digna Rivas, e os concelleiros de Sanidade, Alberto Álvarez, e de Servizos Sociais, Iria Vilaboa)

Publicacións Relacionadas