HomeVigoBaionaA miñorana Nara Vilas expón a sua obra no multiusos de Sabarís

A miñorana Nara Vilas expón a sua obra no multiusos de Sabarís

- Anuncio -spot_img

O Multiusos de Sabarísacogerá esta fin de semana unha exposición de debuxos do xénero do cómic e do manga da moza ilustradora da comarca do Val Miñor Nara Vilas Gestido.

Os amantes do cómic de Ibañez e do xénero manga teñen unha cita esta fin de semana no Multiusos de Sabarís, onde poderán gozar dos debuxos desta nova artista de 14 anos, realizados tanto a man alzada como en formato dixital.

A exposición poderá visitarse o venres 23 de maio en horario de 18:30 h a 21:00 h, o sábado 24 de maio en horario de 17:00 h a 22:00 h, e finalmente o domingo 25 de maio, en horario de 11:00 a 14:00 h.

O Concello de Baiona non dubida en apoiar e promocionar as diversas manifestacións artísticas dos nosos mozos, e brindarlles un escaparche para que poidan mostrar a súa obra e darse a coñecer.

Publicacións Relacionadas