Os socorrista seguen os pasos das auxiliares da Policía Local e buscan novos destinos lonxe de Ponte Caldelas
· Os populares denuncian a situación de abandono na que se atopa a zona da Calzada con farolas arrancadas, o aparcamento de bicicletas enferruxado, a ducha insalubre e o parque infantil cun so elemento de xogo.
· Aumentan as protestas dos autocaravanistas que se achegan a Chan da Barcia para baleirar as augas sucias nun espazo reservado para eles rodeados de cascallos e con problemas para acceder aos servizos.
A falta de previsión e a nefasta xestión de Andrés Díaz ao fronte do Concello de Ponte Caldelas pon en serio risco de continuidade a Bandeira Azul na praia fluvial da Calzada e de feito non pudo ser izada por falla de socorristas que, seguindo o camiño das dúas auxiliares de Policía Local decidiron buscar novos destinos lonxe do municipio pontecaldelán.
De non resolverse esta situación, sería a segunda vez durante o mandato de Andrés Díaz ao fronte do Concello na que a praia da Calzada se vería privada da Bandeira Azul despois de terlle sido concedida pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). A renuncia de alomenos 2 dos 3 socorristas que superaron as probas para seren contratados polo Concello de Ponte Caldelas súmanse á marcha tamén das dúas auxiliares de Policía Local que despois de prestar varios días os seus servizos, patrullando soas e sen supervisión por parte de funcionarios da Policía Local, decidiron buscar alternativas laborais fóra do municipio.
Paralelamente a esta circunstancia son cada vez máis as queixas de usuarios da praia e do paseo da Calzada que critican o estado de abandono no que se atopan desde hai 6 anos. As queixas céntranse básicamente na falla de reposición de farolas arrincadas permanecendo cables ao aire libre, expostos a que suceda un accidente, falla de visibilidade nocturna, o enferruxamento dos valados destinados ao estacionamento de bicicletas, pintadas nas portas exteriores dos baños, deterioro de instalacións, a existencia dun parque infantil composto por un so elemento de xogo, a ducha en situación insalubre e un longo etcétera.
Os usuarios da praia fluvial tamén se queixan de falla de accesibilidade aos baños públicos, moitas veces pechados, e da presenza continuada como o primeiro ano da Bandeira Azul (goberno de Perfecto Rodríguez) no que se efectuaban limpeza de instalacións pola mañá e pola tarde garantindo a salubridade da zona, máxime agora que se debe establecer un protocolo sanitario acorde á loita e prevención pola pandemia da Covid-19.
QUEIXAS DOS AUTOCARAVANISTAS E SITUACIÓN DE ABANDONO DOS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DO MUNICIPIO COMO OS PETRÓGLIFOS
Por outra banda, os usuarios do estacionamento para autocaravanas quéixanse do estado das instalacións e, sobre todo, de ter que desprazarse ata Chan da Barcia (xunto ao campo de fútbol) para baleirar as augas negras. Consideran unha imaxe pouco edificante o lugar destinado a este menester, rodeado de cascallos procedentes das obras e ata hai uns días con casetas de obra que dificultan tanto o acceso como perxudican a imaxe dun servizo turístico a prestar aos visitantes que se achegan ata Ponte Caldelas.
Outra circunstancia que choca coa intención dun goberno municipal de poñer en valor e promocionar os atractivos turísticos de Ponte Caldelas é o aspecto que presenta a Área Arqueolóxica de Tourón e a Pedra do Cervo, elemento fundamental da arte rupestre en Galicia que están sen o máis mínimo servizo de mantemento e coidado con maleza que ameaza non so a conservación destes elementos senón que tupen por completo, nalgún caso a súa visibilización por parte dos turistas ou visitantes.
O PPdeG esixirá novamente no Pleno unha actuación decidida do equipo de Goberno para garantir non so a súa conservación senón que por decoro e orgullo municipal que se actúe para devolverlle o aspecto e a imaxe de coidado e promoción que non deberían ter perdido nunca.




