HomePontevedraA OMIX de Soutomaior convértese no punto de referencia na comarca para...

A OMIX de Soutomaior convértese no punto de referencia na comarca para a activación do novo carné novo da Xunta de Galicia

- Anuncio -spot_img
  • A nova identificación xa se está enviando a máis de 400.000 mozos entre 12 e 30 anos de toda Galicia
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada pola Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde, Agustín Reguera, visitou esta semana a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Soutomaior, o punto designado pola Xunta da Galicia na comarca para a activación do novo carné novo.

  • Durante a visita, a directora xeral indicou as novidades do novo carné novo, entre as que se atopa a eliminación da taxa de 6 euros e a limitación de vixencia dous anos, e que o novo carné está a enviarse de forma gratuíta aos máis de 400.000 mozos galegos entre os 12 e os 30 anos.

  • Do mesmo xeito, explicou que esta iniciativa está incluída na batería de medidas postas en marcha polo goberno galego para dar continuidade a este programa xuvenil e que inclúe descontos nos máis de 1000 establecementos adheridos á iniciativa.

  • “Por primeira vez tamén se inclúen descontos en comercios de proximidade e a creación dunha aplicación móbil para ter xeolocalizados os locais e os descontos no contorno do usuario”, puntualizou Pichel, que engadiu que “estas vantaxes tamén son válidas en toda España e nos 40 países adheridos ao programa Carné Novo Europeo”

  • Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior, destacou “que a Xunta seleccione a Soutomaior como punto de referencia na comarca é unha mostra do gran traballo que facemos en materia de Xuventude con actividades e inicitativas de todo tipo”, finalizou Reguera.

Publicacións Relacionadas