HomePontevedraCaldasA pandemia da Covid-19 non impedirá que Portas homenaxee a súa dona

A pandemia da Covid-19 non impedirá que Portas homenaxee a súa dona

- Anuncio -spot_img

O evento terá lugar cun concerto no auditorio da Azucreira, o sábado 30 de maio, no que participarán Xoel López, Sabela e Alice Wonder

Pese á pandemia, o Concello de Portas non quere que este ano se deixe de homenaxear á figura de Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa de Galicia e unha das de España, e a tódalas mulleres do municipio polo que adaptará a Festa da Dona a un concerto no Auditorio da Azucreira que estará protagonizado por Xoel López, Sabela, e Alice Wonder e que terá lugar o vindeiro 30 de maio.

Para acudir a este evento, é imprescindible pasar a recoller invitación nas dependencias do Concello de Portas. Para elo abrirase o prazo para retira-los tickets o vindeiro luns 24, para os veciños de Portas, e a partir do martes 25 de maio para o público en xeral. O horario para poder recoller as entradas será de 9 a 14 horas.​

Debido a cuestóns organizativas e á limitación do aforo do auditorio Municipal da Azucreira de Portas por mor da pandemia da Covid-19, cada persoa poderá recoller un máximo de 3 invitacións e haberá que deixar os datos persoais, DNI e teléfono de cada unha das invitacións retiradas. Os datos almacenaranse no arquivo do Concello de Portas por un mes para consulta das autoridades santiarias segundo o protocolo vixente, despois dese mes os datos serán destruidos conforme a Lei de Protección de Datos.

Este ano non se poderá celebra-la Festa da Dona como se fixo en edicións anteriores, pero manterase o espírito deste evento cun concerto gratuíto de alto nivel a cargo de Xoel López, Alice Wonder e Sabela.

Xoel López é sen dúbida un dos artistas máis solventes e representativos da escena independente iberoamericana. Recoñecido como Mellor Artista Nacional nos Premios da Música Independente de 2013 e con “Si Mi Rayo Te Alcanzara”, o álbum número 15 na súa traxectoria, publicouse o pasado 27 de novembro. La espina de la flor en tu costado, noveno corte do álbum e canción de cabeceira da serie de Netflix “El desorden que dejas”, posicionouse no número 2 do​ top mundial de procuras de​ Shazam.

Pola súa banda, Sabela é unha artista de especial sensibilidade que se deu a coñecer entre o público en xeral pola súa participación en Operación Triunfo OT-2018. Naceu no outono e creceu rodeada de mulleres e de música. En contacto coa natureza e o silencio. Escoitando o que necesita a terra. Empezou a soñar e a debuxar o seu camiño en Bravos. Unha viaxe vinculada á música, xogando cos instrumentos, tocando o clarinete, pintando sons e explorando. Máis adiante, axudando a outros a través da musicoterapia para atopar a súa voz para expresarse, descubriu cal é a súa. A​exconcursante de OT 2018 chega a Portas co seu primeiro álbum: “Despedida”.

Tamén estará en Portas a artista madrileña Alice ​Wonder que abriu os concertos da exitosa xira de presentación de “Mismo Sitio, Distinto Lugar” de​ Vetusta​ Morla, interpretou “La Apuesta” xunto a Guillermo Galván, canción orixinal da película “Qué te juegas – de Inés de León -, e forma parte da banda de Xoel López. O pasado 14 de maio publicou o seu novo álbum: “Que se foda todo o demais”, que presentará por primeira vez en Galicia con motivo do Día da Dona.​

Publicacións Relacionadas