HomeO MorrazoMarínA ponte do río Loira estrea un aspecto renovado cunha varanda moderna...

A ponte do río Loira estrea un aspecto renovado cunha varanda moderna e funcional

- Anuncio -spot_img

O Concello de Marín vén de rematar os traballos de substitución de varanda da ponte sobre o río Loira, unha actuación que supuxo unha inversión de máis de 10.000 euros, que supón unha importante mellora non só da seguridade da ponte, senón tamén da estética deste espazo en Soaxe, na parroquia de Seixo.

A varanda da ponte, ademnais de supoñer un importante impacto visual na paisaxe, tamén era un risco de seguridade por atoparse en mal estado.
No que respecta á estrutura, a ponte mantén un bo estado, pero esas protecións laterais existentes presentaban un estado ruinoso, que precisaba dunha actuación urxente.

Tamén se realizou unha sibstitución da capa da rodadura existente, para poñer unha solera de formigón desactivado que homoxeniza o espazo de tránsito.

Posta en valor dunhas antigas escaleiras

O lugar de Soaxe tamén foi obxecto do encintado e da posta en valor dunhas antigas escaleiras, que son moi utilizadas pola veciñanza para cruzar desde a Avenida Doutor Otero Ulloa á Estrada Vella.

Esta intervención tivo por obxecto limpar a escaleira e mellorala para que a veciñanza poda utilizala con seguridade

Publicacións Relacionadas