HomeVigoMosA terceira feira de naturopatía e saúde chega a Mos en maio

A terceira feira de naturopatía e saúde chega a Mos en maio

- Anuncio -spot_img

A promotora do evento que se celebrará os días 10 e 11 do mes que vén no Pavillón Óscar Pereiro é a mosense da parroquia de Torroso, propietaria do Centro Saluz, Noelia Conde

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Participación Cidadá, Educación, Formación e Emprego, Julia Loureiro, e a organizadora do evento de naturopatía e saúde, FeriaMos, Noelia Conde, presentaron esta tarde no Multiusos das Pozas a Feira que se celebrará o mes que vén no Pavillón Óscar Pereiro.

Arévalo, Loureiro e Conde, estiveron acompañadas por 14 representantes dos 37 stands (13 terapeutas e 24 de productos) que participarán na feira e entre os que haberá gabinetes de terapias, textil, alimentación, cosmética e librería; entre outros. Tamén estarán 4 escritores asinando os seus libros, como a psicóloga Eva López que o ano pasado xa logrou gran éxito de convocatoria nesta feira.

Durante a presentación, Noelia Conde Lago, representante e xerente do mosense Centro de Naturopatía Saluz, ofreceu unha charla sobre alimentación e saúde como apertura da Feira de Saúde e Benestar FeriaMos25. Na charla abordou a importancia de alimentarse dunha maneira máis sa. “Somos o que comemos e o que bebemos”, dixo a ponente, quen tamén falou dos alimentos con excesos de procesados e ultraprocesados; que o seu consumo propicia a que a alimentación sexa moi aceda e deriva en diferentes enfermidades;  a obesidade, a diabetes, as inflamacións do corpo, enfermidades autoinmunes etc. E como isto tamén afecta ao noso sistema nervioso e á nosa saúde mental.

FeriaMos:

Os días 10 e 11 de maio de 2025 celebrarase FeriaMos. Un evento único que promove prácticas saudables, enfoques holísticos e o benestar integral a través de distintas actividades, como talleres, charlas, consultas e casetas. Esta vibrante feira reúne unha comunidade de profesionais da naturopatía, a acupuntura, masaxes, a alimentación consciente… Tamén estarán 4 escritores asinando os seus libros.

Para conectar e descubrir novas formas de equilibrio a través de prácticas naturais, actividades como ioga, meditación guiada, talleres, programas especiais para nenos (talleres, contacontos, inchables) e moito máis, acompañado dunha oferta gastronómica rica e saudable.

Terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro de Mos, que se converterá no epicentro da nova edición do Festival da Saúde. Este ano, FeiraMos é unha cita única e de entrada gratuíta dedicada á saúde, o benestar e ou crecemento persoal. Gozará de actividades, casetas, obradoiros e charlas en compañía dos máis grandes profesionais do sector.

Entre as charlas programadas, haberá o sábado unha da Policía local de Mos sobre os dispositivos de retención dos nenos e bebés en vehículos. E o domingo, outra a cargo do Servizo de Emerxencias e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, sobre Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) e hemorraxias.

Tras o éxito do ano pasado, FeriaMos volve cunha programación ampliada, con novas actividades e relatores que compartirán os seus coñecementos en charlas, obradoiros e consultas. Ademais de actividades máis formais, FeiraMos ofrece un espazo para todas as idades. Os máis pequenos poderán gozar de contacontos, inchables e obradoiros creativos. Un plan para toda a familia.

Do mesmo xeito que o ano pasado, o evento contará con comida para comer alí. Esta edición está chea de sorpresas, premios e sorteos dunha tablet, vales canxeables e cestas de agasallo.

En definitiva, FeriaMos é unha oportunidade para conectar co benestar e explorar novas formas de autocoidado nun contorna natural, dinámica e enriquecedora. OS interesados poden consultar toda a programación na web: https://feriamos.com/

Publicacións Relacionadas