O Plan de Mobilidade será o documento que marcará as liñas mestras de como continuar o crecemento da vila. A participación será anónima, a través deste enlace: http://www.concellodemarin.es/enquisa-de-mobilidade-en-marin/
A mobilidade e a consecución dunha vila máis habitable, sostible e integrada son os eixos
fundamentais nos que se sustenta o futuro das cidades a nivel europeo. Marín non é allea a eses cambios e por iso ten en marcha a súa estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Para seguir avanzando nesta estratexia é imprescindible que Marín amplíe o PMUS (Plan de
Mobilidade Urbana Sotible, que será o documento que marcará as liñas mestras de como continuar co crecemento da nosa vila, para convertela no Marín que queremos, nun Marín cheo de calidade de vida, cunha ordenación urbana moderna e na que convivan as distintas mobilidades e que sexa sostible ca contorna e co medio ambiente.
Para a redacción deste documento, desde o Concello queren contar coa participación cidadá. Deste xeito, calquer veciño ou veciña de Marín ou dos concellos limítrofres que queiran realizar achegas a este documento, poderán participar cubrindo de xeito anónimo as preguntas do formulario que se pode atopar na web municipal: http://www.concellodemarin.es/enquisa-de-mobilidade-en-marin/
Nesta enquisa, preguntarase á cidadanía sobre mobilidade de xeito xeral na nosa vila, sobre o tipo de desprazamentos que realizan, en que horarios, con que tipo de vehículo, cales son as alternativas de transporte sostible que consideran máis importantes, así como cales son os problemas a nivel de tráfico que máis identifican.
Tamén haberá preguntas específicas sobre a mobilidade peonil e e bicicleta e sobre o estacionamento, tanto o que xa existe como sobre o novo parking disuasorio que se prevé realizar baixo o Parque Eguren.
No final da enquisa, os cidadáns que participen poderán realizar suxestións xerais sobre o que consideran imprescindible de cara á súa inclusión neste documento de mobilidade.




