En coordinación co Concello, estes cribados voluntarios a 668 habitantes dentre 20 e 39 anos da localidade terán lugar no pabellón de Tenorio desde as 15:30 horas e rematarán ao longo desa mesma xornada
A maiores, a Área Sanitaria tamén efectuará durante a mañá sendos cribados entre as comunidades educativas e escolares dos CEIP San Xoan Bautista -60 persoas- e do CEIP Carballedo -89 persoas-
A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, continúa mañá, mércores 12 de maio, no Concello de Cerdedo-Cotobade con novos cribados poboacionais con PCR na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus.
En coordinación co Concello de Cerdedo-Cotobade, estes cribados voluntarios terán lugar no pabellón de Tenorio desde as 15:30 horas e rematarán ao longo desa mesma xornada. Á dita iniciativa preventiva vaise convocar a 668 habitantes dentre 20 e 39 anos desta localidade. Para levar a cabo o cribado no pabellón de Tenorio, a Administración Sanitaria Pública galega contará con tres equipos de enfermaría, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras e información aos usuarios.
A maiores desa actividade poboacional, a Área Sanitaria tamén efectuará durante a mañá de mañá, mércores, sendos cribados entre as comunidades educativas e escolares dos CEIP San Xoan Bautista -60 persoas- e do CEIP Carballedo -89 persoas-.
Proceso das mostras e notificación de resultados
Todas as mostras tomadas con PCR no Concello de Cerdedo-Cotobade procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que estes sexan negativos.
No caso de resultar positivos, estas notificacións comunicaránse de xeito individual a cada cidadán.




