HomePontevedraO CondadoACiP demanda o pago urxente das axudas económicas do ano 2020 dos...

ACiP demanda o pago urxente das axudas económicas do ano 2020 dos negocios afectados polas consecuencias da Covid-19

- Anuncio -spot_img

Unhas axudas directas que tiñan que estar pagas en decembro de 2020 e a maio de 2021, é dicir, cinco meses máis tarde seguen sen ser abonadas.
A situación é insostible para moitos negocios. A demora no pago provoca situacións de falta de liquidez de pequenos negocios no noso Concello.
Parece que o goberno local BNG-PSOE non se acaban de decatar ao descoñecer por completo o que significa ser autónomo coa que está a caer.
No día de hoxe volvemos a presentar unha reclamación no Concello, pois esta situación ten que terminar xa. Van tres reclamacións, e continuaremos ata que se produza o pago das axudas debidas.
A situación é tan caótica, que se presentaron 141 solicitudes para os 230.974 euros que corresponden a esta convocatoria. Para o Portavoz de ACIP isto é unha demostración da propaganda enganosa que se encarga o Concello de realizar, e co tempo demóstrase que a xestión municipal queda en dúbida, xa que a propia situación económica está baseada no endebedamento, do que sumamos camiño de 5 millóns este ano, co cal a saúde da nosa economía é delicada.
Lonxe disto o goberno local segue gastando e malgastando miles de euros en obras, que en moitos casos pódense pospoñer. Débese priorizar os investimentos enfocándoas sempre á situación de crise que estamos a pasar tanto sanitaria, económica e principalmente social.
A verdadeira demanda é axudar con medidas urxentes do sector produtivo dos autónomos e pequenas empresas, que son os que verdadeiramente necesitan axuda de forma urxente.
Desde ACiP seguiremos presentando novas propostas e que se cumpran os acordos plenarios do pasado ano 2020, onde entre outros se aprobou a condonación dos impostos municipais aos negocios que se viron obrigados a pechar polo estado de alarma como a auga, saneamento, lixo e contribución como se fixeron na maioría de Concellos deste país.
Lamentamos este tipo de actitude e deixamento do goberno local, que distan moito do que debería ser a prioridade de calquera goberno local defendendo e axudado ao seu tecido industrial.

Publicacións Relacionadas