HomePontevedraO CondadoACiP denuncia o caos existente nos departamentos económicos, que pagan como sempre...

ACiP denuncia o caos existente nos departamentos económicos, que pagan como sempre os cidadáns

- Anuncio -spot_img

Lamentamos a falta de xestión do goberno local, que aboca a moitos negocios do Concello ao peche. A falta de resposta no pago da convocatoria de axudas para paliar as consecuencias do COVID-19, que tería que estar pagabas antes do 31 de Decembroseguen a data de hoxe en espera sen solución.
Son moitos os negocios que ven como se gastaron do seudiñeiro para presentar a documentación para solicitar a axuda económica tan necesaria para a supervivencia de moitos deles, pero ven como o Goberno Local dá longas para esconder a súa incompetencia.
Pronto se apresuran a presumir da boa xestión económica, en cambio non reservan a partida económica necesaria no ano 2020, e agoraatópanse con esta situación. Falsean as contasao non reservar a contía económica necesaria para así presumir da súaxestión, cando non é real.
Para ACiP esta claro que o Concello empeza a ter dificultades económicas tal como denunciaban as súas as centraissindicais nos pasados días, e quen o paga?, como sempre son os mesmos.
É ben sabido polos veciños que o noso Grupo Municipal ACiP desde o primeiro momento que empezamos a sufrir as consecuencias do COVI-19, que tanto nos afecta economicamente, sanitariamente e socialmente, presentamos no Concello propostas para crear bolsas de axudasaonoso sector económico e social, aprobándose no pleno conosoapoio en modificaciónsorzamentarias que dan lugar a esta última convocatoria, que terían que estar pagadas aos solicitantes antes do 31 de Decembro, lembra o noso Portavoz Juan Carlos González Carrera.
Nesta Convocatoria cunorzamento de 230.794€ podían acceder todos os sectores produtivos e económicos do noso Concello, que pretendían a consecución dos seguintesobxectivos:

  • Preservar o tecido empresarial.
  • Protexer o interese xeralapoiando os traballadores autónomos e as PEMES.
  • Lograr a reactivación da economía nanosalocalidade.
  • Incentivar a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Presentáronse 141 solicitudes, das cales no mes de decembrosóretívose no orzamento municipal 130.000€. Parécenos unhairresponsabilidade a propósito da necesidade dos 230.794€ postos inicialmente na convocatoria.
O lamentable a data de hoxe, é que non está garantido o pago das solicitudes por falta de partida orzamentaria nos orzamentos, é a desculpa que están a dar desde o goberno municipal aos solicitantes. Preguntámonosonde gastaron esas partidas económicas dando as costas aosveciños, unha vez mais?.
Desde ACiP demandamos aogobernosensibilidade, e que prioricen as necesidades de moitas empresas e autónomos que están a agonizar pola situación que están a pasar. Esa axuda é máis que unhanecesidade, é un respiro no día a día.
Descúlpansecoorzamento municipal e a falta de partida económica o mesmo que leva aprobado desde o mes de decembro, tempo suficiente para estar todo resolvido a data de hoxe, e tamén cabe lembrar que cando o aprobaron publicitaran a existencia de millóns de euros para este tipo de axudas. Preguntámonosonde están?, ou sería outrapublicidadeenganosamais?. Apelamos ao sentido común e responsabilidade.

Publicacións Relacionadas