HomePontevedraO CondadoACiP solicita ante a consellería de Medio Ambiente a autorización e ampliación...

ACiP solicita ante a consellería de Medio Ambiente a autorización e ampliación dos horarios das tradicionais pontes de captura de lamprea no rio Tea

- Anuncio -spot_img

Por todos é sabido que na situación que estamos a vivir debido ao COVID-19, está a afectar ás tradicionais pontes chamadas estacas de captura de lamprea no Rio Tea.
A tempada comezou en febreiro, pero debido ao estado de confinamento estaba prohibida tanto a pesca como a colocación das pontes ou estacas ata o pasado 26 de febreiro.
Levantándose o estado de confinamento só poderían realizar esta pesca tradicional ata as 10 da noite, e de 6 da madrugada ás 8 h, algo inasumible para os pescadores polo seu elevado custo de montaxe de ponte e instalacións, facendo que a pesca sexa case nula.
A tempada comeza a principios de Febreiro con remate nos primeiros días de maio, sendo imposible realizar a pesca cos horarios autorizados ao tratarse de pesca nocturna.
Para o portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera, é necesario buscar unha solución, pois esta tradicional pesca da lamprea na nosa zona é un reclamo gastronómico e turístico para o sector da hostalería, e unha axuda económica para moitos veciños que practican esta actividade.
É importante lembrar as reportaxes e visitas que reciben as pontes con autorización para emitir nas televisións, que chegan a todos o recunchos do noso planeta como exemplo de pesca tradicional.
Ante tal situación e demanda dos pescadores, ACiP dirixiuse ante a Consellería correspondente de Medio Ambiente da Xunta para solicitar a viabilidade da pesca neste ano, aínda mais cando entendemos que se dan as condicións administrativas para realizalos, pois os solicitantes das pontes realízano ante tal Consellería e pagan unhas taxas administrativas. A Xunta de Galicia debe aprobar unha excepcionalidade ante esta consideración, e equiparalos ao ámbito profesional por ter estaca (Puente) e a súa captura só pode ser de noite.
Esperamos que dita solitud sexa atendida con urxencia debido á altura de tempada en que estamos, máis cando no Miño se permiten pescar durante a noite, solicitamos unha equiparación igual para garantir unha tradición e unha cultura da nosa zona.

Publicacións Relacionadas