O Vindeiro martes 25 de novembro ás 12.00 horas no Concello de Baiona, terá lugar o acto institucional en conmemoración do “Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller”. Presentarase a instalación artística “Ten nome, Violencia Machista” da artista baionesa Irene Silva e contaremos coa actuación da cantautora galega Su Garrido Pombo.




