HomeO MorrazoMarínAdxudicados os quioscos e outros servizos das praias para a tempada de...

Adxudicados os quioscos e outros servizos das praias para a tempada de 2021

- Anuncio -spot_img

Os beneficiarios deberán presentar a documentación correspondente nun prazo de 10 días hábiles.

O Concello de Marín adxudicou esta mañá as autorizacións de explotación de servizos da tempada de verán do 2021 nas praias do termo municipal. Os quioscos que se instalarán serán os de Portocelo (adxudicado por un importe de concesión de 2.200 euros), Mogor (1.850 euros), Aguete (1.242 euros), Loira (3.000 euros) e O Santo (646 euros).

Ademais dos quioscos, adxudicouse un posto de canoas e piraguas en Aguete, por 1.100 euros e outro de padel surf tamén neste areal polo mesmo importe. Sen embargo, o posto de hidropedais de Mogor quedou deserto.

A explotación das instalacións levarase a cabo baixo o exclusivo risco e responsabilidade do titular da autorización. As autorización non serán transmisibles, dado que o seu número está limitado. A súa vixencia será desde o momento do seu outorgamento ata o 30 de setembro.

Tras a adxudicación, os beneficiarios deberán presentar a documentación correspondente nun prazo de 10 días hábiles.

Publicacións Relacionadas